viernes, 23 de noviembre de 2012

CAMPAÑA PREVENCIÓN DOLOR DE ESPALDA


Campaña dirixida a nenos de 8 anos no marco do proxecto de educación sanitaria destinado aos escolares promovido pola Fundación Kovacs e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de España-Organización Médica Colexial (OMC).
A campaña consiste na distribución dun tebeo, que pode descargarse libre e gratuitamente desde internet, e tamén distribuirse en papel nos centros escolares.
As doenzas de costas afectan a máis do 70% da poboación nun momento ou noutro da súa vida, e os estudos científicos realizados demostran que sufrilas durante a infancia aumenta o risco de padecelas de xeito crónico durante a madurez. Por este motivo, coincidindo co inicio de curso académico, a Fundación Kovacs e a OMC organizan esta campaña.


OS ENLAZAMOS LA PÁGINA DE LA CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DE DOLORES DE ESPALDA EN ESCOLARES:



WEB DE ESPALDA.ORG



FUNDACIÓN KOVACS




viernes, 16 de noviembre de 2012

lunes, 18 de junio de 2012

Procedemento de admisión do alumnado nos ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2012/2013


Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes de admisión e documentación.    

a) O prazo ordinario será do 18 de xuño ao 2 de xullo, ambos os dous incluídos.

b) O prazo extraordinario abranguerá desde o día 3 ao 12 de setembro, ambos os dous incluídos.

Os centros farán pública o día 4 de xullo a relación provisional de persoas solicitantes no taboleiro de anuncios, ordenada alfabeticamente, con indicación da puntuación conseguida e das opcións de preferencia, que deberá aprobar o consello escolar ou consello social.

Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/fp.

Establécese un prazo de reclamacións ata o día 10 de xullo ás 13:00 horas.

Logo de resoltas as reclamacións presentadas ante o consello escolar ou consello social co- rrespondente, os centros terán de prazo ata o día 10 de xullo ás 14:00 horas para cargaren na aplicación informática os datos coas modificacións xurdidas das reclamacións. O día 16 de xullo farase pública nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a listaxe definitiva de solicitantes.

O día 17 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios dos centros educativos e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a primeira relación ordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior, onde aparecerán as persoas solicitantes por orde decrecente de pun- tuación. Esta relación e as sucesivas elaboraranse a través da aplicación informática de xestión facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e deberaas aprobar en cada centro o consello escolar ou consello social.

No prazo abranguido desde o día 17 ao día 19 de xullo ás 13:00 horas deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fora adxudicado, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se hobber vacantes.

Os centros teñen de prazo ata as 14:00 horas do día 19 de xullo para cargaren os datos na aplicación informática.

O día 24 de xullo, a comisión autonómica de escolarización publicará a segunda relación ordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior, onde han aparecer as persoas solicitantes por orde decrecente de puntuación.

No prazo abranguido desde o día 24 ao día 27 de xullo ás 13:00 horas deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fora adxudicado,  

Se logo de cada unha das adxudicacións existisen prazas vacantes e non houbese listaxe de espera, liberaranse as prazas do ciclo formativo ata o 31 de xullo ás 13:00 horas para aquel alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes.

A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar en calquera momento na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

Procedemento de admisión e matrícula no período extraordinario polo réxime ordinario.

1. Os centros que reciban solicitudes de alumnado que acceda con titulacións obtidas fóra do te- rritorio do Estado español procederán segundo se establece no punto 2 da disposición segunda desta resolución. O prazo para a recepción das solicitudes na Subdirección Xeral de Formación Profesio- nal para proceder ao baremo dos expedientes finalizará o día 12 de setembro ás 13:00 horas.

2. Os centros que reciban solicitudes de alumnado con necesidades educativas especiais ou que acrediten algún tipo de discapacidade procederán segundo se establece no punto 3 da disposición segunda desta resolución.

O prazo para a súa recepción na Subdirección Xeral de Formación Profesional finalizará o día 12 de setembro ás 14:00 horas.

A comisión autonómica de escolarización emitirá ditame provisional de escolarización que remitirá a cada centro educativo o día 14 de setembro. Os centros deberán informar de xeito individuali- zado a cada unha das persoas incluídas na listaxe.

Logo de emitido o ditame provisional de escolarización, pódese presentar reclamación ante o presidente ou a presidenta da comisión autonómica de escolarización nos días 15 e 17 de setembro. O ditame definitivo de escolarización emitirase o día 19 de setembro. Os centros deberán informar de xeito individualizado a cada unha das persoas afectadas.

Os centros farán pública o día 14 de setembro a relación provisional de persoas solicitantes no taboleiro de anuncios, ordenada alfabeticamente, con indicación da puntuación conseguida e das opcións de preferencia, que deberá aprobar o consello escolar ou consello social.

Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/fp.

Establécese un prazo de reclamacións ata o día 17 ás 13:00 horas.

Logo de resoltas as reclamacións presentadas ante o consello escolar ou consello social correspondente, os centros teñen de prazo ata o día 17 de setembro ás 14:00 horas para cargaren na aplicación informática os datos coas modificacións xurdidas das reclamacións. A listaxe definitiva de solicitantes farase pública o día 19 de setembro nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxi- na web http://www.edu.xunta.es/fp.

O día 19 de setembro farase pública nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a primeira relación extraordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior por orde decrecente de puntuación. Esta relación e as sucesi- vas elaboraranse a través da aplicación informática de xestión facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e deberaas aprobar en cada centro o consello escolar ou consello social.

No prazo abranguido entre o día 19 e o día 21 de setembro ata as 13:00 horas, deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fora adxudicado, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

Os centros teñen de prazo ata as 14:00 horas do día 21 de setembro para cargaren os datos na aplicación informática.

O día 25 de setembro farase pública nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a segunda relación extraordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior por orde decrecente de puntuación.

No prazo abranguido desde o día 25 ao día 27 de setembro ás 13:00 horas, deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fora adxudicado, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

Os centros teñen de prazo ata as 14:00 horas do día 27 de setembro para cargaren os datos na aplicación informática.

Se logo de rematado o prazo de presentación de solicitudes ou despois de cada unha das adxudicacións a que se fai referencia nos puntos 5 e 7 existisen prazas vacantes e non houbese lista de espera, liberaranse as prazas do correspondente ciclo formativo para o alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes.

A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar en calquera momento na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.  mediante proba e por acceso directo a partir da primeira adxudicación do mes de setembro.

O proceso de matriculación neste réxime rematará o día 5 de outubro. A partir desta data, non se producirá matriculación ningunha sen autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

domingo, 25 de marzo de 2012

CHARLAS DE SEGUNDO TRIMESTRE

Durante este segundo trimestre realizamos las siguientes charlas:

- Charla Asociación Síndrome de Down: Down Vigo.
No mes de xaneiro o alumnado de 1º de ESO tivo a posibilidade de asisitir na Biblioteca a unha charla de Down Vigo na que coñeceron polo miúdo como se desenvolve a actividade cotiá das persoas desta asociación.
- Charla Prevención da Violencia de Xénero: o alumnado de 4º de ESO asistiu na Biblioteca
- Charla prevención acoso escolar: o alumnado de 1º de ESO participou nunha sesión dirixida por persoal da Garda Civil.
- Charla de Prevención de Drogodependencias: desenvolveuse na Biblioteca unha sesión informativa para o alumnado de segundo curso de ESO.

martes, 28 de febrero de 2012

CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR

El viernes 24 de febrero los de 1º de ESO asistimos a una charla sobre acoso escolar a cargo de un miembro de la Guardia Civil.
Hubo un tiempo para preguntas y dialogar.

CHARLA SOBRE PREVENCIÓN DE MALOS TRATOS

El viernes 24 de febrero 3º de ESO asistió en la Biblioteca a una charla sobre prevención de maltrato a cargo de un miembro de la Guardia Civil.

miércoles, 1 de febrero de 2012

CLAVES DEL ÉXITO ESCOLAR

En eel último suplemento de La Voz de la Escuela del periódico La Voz de Galicia podemos leer un interesante artículo sobre algunas de las claves del éxito escolar (en la página 3):
http://www.prensaescuela.es/archivos/VE20120201.pdf

miércoles, 25 de enero de 2012

PRESENTACIÓN ACERCA DE LOS RIESGOS DE INTERNET

Si os acordáis, hace poco tuvimos una charla acerca de riesgos de Internet.
Hoy he encontrado esta presentación que resume un poco la charla y me ha parecido interesante:

viernes, 20 de enero de 2012

CHARLA ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN: DOWN VIGO

Hoy el alumnado de 1º de ESO asistió en la biblioteca a una charla de la Asociación de Síndrome de Down en la que conocieron cómo se desarrolla la vida cotidiana de las personas con este síndrome.

CHARLA DE PROMOCION DEL AJEDREZ

Hoy los niños y niñas de 1º ciclo de Primaria y de 3º de Primaria disfrutaron de una charla de promoción del ajedrez a cargo de XADREZ GALEGO.
Pudieron ver vídeos y hacer juegos en el ordenador.

lunes, 9 de enero de 2012

ORDE do 29 de decembro de 2011 pola que se convoca o proceso de acredita- ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral


Familias profesionais de 
administración e xestión, 
electricidade e electrónica, 
enerxía e auga,
 fabricación mecánica,
hostalaría e turismo, 
industrias alimentarias, 
madeira e moble, 
química, 
sanidade, 
servizos socioculturais e á comunidade, 
téxtil, 
confección e pel 
transporte e mantemento de vehículos. 


Artigo 3. Lugar de realización (sedes).
O desenvolvemento do proceso terá lugar nos centros integrados de formación profesio-
nal (CIFP) recollidos no anexo II desta orde. 


Artigo 6. Requisitos de participación no procedemento.


a) Posuír a nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou da tarxeta de familiar de cidadán da Unión Europea, ou ser titular dunha autorización de residencia ou de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de estranxeiría e inmigración.
b) Ter cumpridos no momento de realizar a inscrición 18 anos para as unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I
 e 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.
c.1) No caso de experiencia laboral, xustificar polo menos tres (3) anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis II e III e, para unidades de competencia de nivel I, xustificarán polo menos 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
c.2) No caso de formación, xustificar polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Nos casos en que os módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretenda acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos.
d) As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nin cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular), nin para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición. 
Artigo 7. Xustificación do historial profesional e/ou formativo.
1. A xustificación da experiencia laboral farase cos seguintes documentos:
 a) Para traballadores e traballadoras asalariados.
a.1) Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mari- ña ou da mutualidade laboral en que se teña afiliación, onde conste a empresa, o grupo de cotización e o período de contratación (vida laboral).
a.2) Contrato de traballo ou certificación da empresa en que se adquirira a experiencia laboral, que reflicta especificamente a duración dos períodos de prestación de servizos, a categoría laboral, a actividade desenvolvida e o período en que se realizara a devandita actividade. A certificación presentarase segundo o modelo de anexo VI desta orde.
b) Para traballadores e traballadoras autónomos ou por conta propia.
b.1) Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou do Instituto Social da Mariña, dos períodos de alta na Seguridade Social no réxime especial correspondente (vida laboral).
b.2) Descrición da actividade desenvolvida e o intervalo de tempo en que esta se reali- zou segundo o modelo establecido no devandito anexo VI.