lunes, 18 de junio de 2012

Procedemento de admisión do alumnado nos ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2012/2013


Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes de admisión e documentación.    

a) O prazo ordinario será do 18 de xuño ao 2 de xullo, ambos os dous incluídos.

b) O prazo extraordinario abranguerá desde o día 3 ao 12 de setembro, ambos os dous incluídos.

Os centros farán pública o día 4 de xullo a relación provisional de persoas solicitantes no taboleiro de anuncios, ordenada alfabeticamente, con indicación da puntuación conseguida e das opcións de preferencia, que deberá aprobar o consello escolar ou consello social.

Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/fp.

Establécese un prazo de reclamacións ata o día 10 de xullo ás 13:00 horas.

Logo de resoltas as reclamacións presentadas ante o consello escolar ou consello social co- rrespondente, os centros terán de prazo ata o día 10 de xullo ás 14:00 horas para cargaren na aplicación informática os datos coas modificacións xurdidas das reclamacións. O día 16 de xullo farase pública nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a listaxe definitiva de solicitantes.

O día 17 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios dos centros educativos e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a primeira relación ordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior, onde aparecerán as persoas solicitantes por orde decrecente de pun- tuación. Esta relación e as sucesivas elaboraranse a través da aplicación informática de xestión facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e deberaas aprobar en cada centro o consello escolar ou consello social.

No prazo abranguido desde o día 17 ao día 19 de xullo ás 13:00 horas deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fora adxudicado, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se hobber vacantes.

Os centros teñen de prazo ata as 14:00 horas do día 19 de xullo para cargaren os datos na aplicación informática.

O día 24 de xullo, a comisión autonómica de escolarización publicará a segunda relación ordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior, onde han aparecer as persoas solicitantes por orde decrecente de puntuación.

No prazo abranguido desde o día 24 ao día 27 de xullo ás 13:00 horas deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fora adxudicado,  

Se logo de cada unha das adxudicacións existisen prazas vacantes e non houbese listaxe de espera, liberaranse as prazas do ciclo formativo ata o 31 de xullo ás 13:00 horas para aquel alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes.

A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar en calquera momento na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

Procedemento de admisión e matrícula no período extraordinario polo réxime ordinario.

1. Os centros que reciban solicitudes de alumnado que acceda con titulacións obtidas fóra do te- rritorio do Estado español procederán segundo se establece no punto 2 da disposición segunda desta resolución. O prazo para a recepción das solicitudes na Subdirección Xeral de Formación Profesio- nal para proceder ao baremo dos expedientes finalizará o día 12 de setembro ás 13:00 horas.

2. Os centros que reciban solicitudes de alumnado con necesidades educativas especiais ou que acrediten algún tipo de discapacidade procederán segundo se establece no punto 3 da disposición segunda desta resolución.

O prazo para a súa recepción na Subdirección Xeral de Formación Profesional finalizará o día 12 de setembro ás 14:00 horas.

A comisión autonómica de escolarización emitirá ditame provisional de escolarización que remitirá a cada centro educativo o día 14 de setembro. Os centros deberán informar de xeito individuali- zado a cada unha das persoas incluídas na listaxe.

Logo de emitido o ditame provisional de escolarización, pódese presentar reclamación ante o presidente ou a presidenta da comisión autonómica de escolarización nos días 15 e 17 de setembro. O ditame definitivo de escolarización emitirase o día 19 de setembro. Os centros deberán informar de xeito individualizado a cada unha das persoas afectadas.

Os centros farán pública o día 14 de setembro a relación provisional de persoas solicitantes no taboleiro de anuncios, ordenada alfabeticamente, con indicación da puntuación conseguida e das opcións de preferencia, que deberá aprobar o consello escolar ou consello social.

Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/fp.

Establécese un prazo de reclamacións ata o día 17 ás 13:00 horas.

Logo de resoltas as reclamacións presentadas ante o consello escolar ou consello social correspondente, os centros teñen de prazo ata o día 17 de setembro ás 14:00 horas para cargaren na aplicación informática os datos coas modificacións xurdidas das reclamacións. A listaxe definitiva de solicitantes farase pública o día 19 de setembro nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxi- na web http://www.edu.xunta.es/fp.

O día 19 de setembro farase pública nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a primeira relación extraordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior por orde decrecente de puntuación. Esta relación e as sucesi- vas elaboraranse a través da aplicación informática de xestión facilitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e deberaas aprobar en cada centro o consello escolar ou consello social.

No prazo abranguido entre o día 19 e o día 21 de setembro ata as 13:00 horas, deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fora adxudicado, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

Os centros teñen de prazo ata as 14:00 horas do día 21 de setembro para cargaren os datos na aplicación informática.

O día 25 de setembro farase pública nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a segunda relación extraordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior por orde decrecente de puntuación.

No prazo abranguido desde o día 25 ao día 27 de setembro ás 13:00 horas, deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fora adxudicado, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

Os centros teñen de prazo ata as 14:00 horas do día 27 de setembro para cargaren os datos na aplicación informática.

Se logo de rematado o prazo de presentación de solicitudes ou despois de cada unha das adxudicacións a que se fai referencia nos puntos 5 e 7 existisen prazas vacantes e non houbese lista de espera, liberaranse as prazas do correspondente ciclo formativo para o alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes.

A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar en calquera momento na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.  mediante proba e por acceso directo a partir da primeira adxudicación do mes de setembro.

O proceso de matriculación neste réxime rematará o día 5 de outubro. A partir desta data, non se producirá matriculación ningunha sen autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.