miércoles, 22 de junio de 2011

Admisión en Ciclos Formativos de Grado Medio y Grado Superior

Prazos de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2011-2012 serán os seguintes:
a) O prazo ordinario será do 17 de xuño ao 4 de xullo, ambos os dous incluídos.
b) O prazo extraordinario abranguerá desde o día 1 ao 12 de setembro, ambos os dous
incluídos.

Os centros farán pública o día 6 de xullo a relación provisional de persoas solicitantes no taboleiro de anuncios, ordenada alfabeticamente, con indicación da puntuación conseguida e das opcións de preferencia, que deberá aprobar o consello escolar ou consello social.
Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/fp

Establécese un prazo de reclamacións ata o día 12 de xullo ás 13.00 horas.
 Logo de resoltas as reclamacións presentadas ante o consello escolar ou consello social correspondente, os centros terán de prazo ata o día 12 de xullo ás 14.00

O día 19 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios dos centros educativos e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a primeira relación ordinaria de persoas admitida en cada ciclo formativo de grao medio ou superior, onde aparecerán as persoas solicitantes por orde decrecente de puntuación.

No prazo abranguido desde o día 19 ao día 22 de xullo ás 13.00 horas deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fose adxudicado, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.
Os centros teñen de prazo ata as 14.00 horas do día 22 de xullo para cargaren os datos na aplicación informática.
O día 26 de xullo, a comisión autonómica de escolarización publicará a segunda relación ordinaria de persoas admitidas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior, onde deben aparecer as persoas solicitantes por orde decrecente de puntuación.
 No prazo abranguido desde o día 26 ao día 29 de xullo ás 13.00 horas deberase matricular ou ben renunciar o alumnado admitido en cada ciclo no centro en que fose adxudicado, segundo os anexos VII e VIII da Orde do 5 de xuño de 2007. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

Os centros teñen de prazo ata as 14.00 horas do día 29 de xullo para cargaren os datos na aplicación informática.
Se logo de cada unha das adxudicacións a que se fai referencia nos puntos 7 e 9 anteriores existisen prazas vacantes e non houbese listaxe de espera, liberaranse as prazas do ciclo formativo ata o 29 de xullo ás 13.00 horas para aquel alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes.

No hay comentarios: